Donald Miralle
Donald Miralle, excepcional freelance vencellado á fotografía deportiva.
sabado 06 novembro 2010
En Arte | 57 Comentarios | Permalink
kooza
O novo espectáculo do Cirque du soleil kooza
domingo 24 outubro 2010
En Arte | 16 Comentarios | Permalink
Pipas
Impresionante "performance" do polifacético artista chinésAi Weiwei que encheu a Tate Modern de Londres con 100 millóns de pipas feitas en cerámica e pintadas a man por 1.600 artesán que estiveron traballando mais de 6 anos no proxecto. Unha reivindicación do esforzo do traballo artesanal chinés, dende a extración da materia prima na mina, ata a posta no mercado das pezas.
domingo 17 outubro 2010
En Arte | Sen comentarios | Permalink
MoneyBart
Deixara un post de Banksy hai tempo, un iconoclasta da arte que inocula ironía en cada cousa que produce, a última e esta cabeceira dos Simpsons na que se ceba coa campaña de merchandising da serie e a derivación da produción a países subdesenvolvidos, parece que xa retiraron o videoclip de youtube.
martes 12 outubro 2010
En Arte | 2 Comentarios | Permalink
The art of title
"The art of title sequence" é unha web adicada a recoller esas curtametraxes que precenden ás películas e series de televisión, todo un despliegue creativo encargado de epatar con contundencia ao espectador para capturar a súa atención dende o primeiro segundo, algúns dos esquecidos títulos de crédito son auténticas xoias, como exemplo esta espectacular entradilla para Dexter.
venres 08 outubro 2010
En Arte | 9 Comentarios | Permalink
Mel Kadel
Mel Kadel, é unha ilustradora gráfica cun talento excepcional. Os debuxos en papeis reciclados, con imaxes oníricas de cores cálidas sobre fondos avellentados, resultan fermosísimos.
martes 28 setembro 2010
En Arte | Sen comentarios | Permalink
One thousand and one dreams
"Mil e un sonos" é o resultado da fusión da pintura con henna da marroquí Yasmina Alaoui e a fotografía do chileno Marcos Guerra. A obra está Inspirada nos contos das mil e unha noites e no realismo máxico sudamericano.
Ver galería
domingo 12 setembro 2010
En Arte | Sen comentarios | Permalink
Terry Rodgers
Terry Rodgers é un artista que se move nunha temática erotico/fashion utilizando técnicas aerográficas sobre lenzos que sobrepasan o dous metros e medio de altura, os traballos resultan espectaculares, e a páxina merece unha visita para alucinar coa súa polifacética creatividade. Unha cousa, na obra que deixo atopei un fallo, cal?
xoves 12 agosto 2010
En Arte | 9 Comentarios | Permalink
Ricardo Galvao
Xa teño deixado algún posT relacionado coa caricatura, teño debilidade por esa forma de arte, responde a unha cualidade innata para percibir e transformar a realidade que só posúen uns poucos elexidos, é o caso de Ricardo Galvao que se tomou a molestia de debuxar aos protagonistas do mundial. Algúns xogadores están logradísimos. Sinxelamente xenial.
xoves 15 xullo 2010
En Arte | 4 Comentarios | Permalink
Sandrine Estrade
Sandrine Estrade unha francesa que fai montaxes fotográficos simpáticos e creativos partindo da simplicidade do cotián.
Galería 1
Galería 2
mércores 07 xullo 2010
En Arte | 2 Comentarios | Permalink
Compagnie Marie Chouinard
Excepcional coreografía de danza contemporánea da compañía Maria Chouinard, un espectáculo reivindicando a beleza da discapacidade fermosísimo.
martes 06 xullo 2010
En Arte | Sen comentarios | Permalink
Paul Lung
Paul Lung é un artista chinés que utiliza o lápis como se fora unha cámara fotográfica. Alucinante.
Ver galería
domingo 04 xullo 2010
En Arte | 2 Comentarios | Permalink
Liu Bolin
Tiña en asuntos pendentes dende hai tempo a Liu Bolin, un camaleónico artista chino empecinado coa invisibilidade que fai performances incribles adaptando o seu corpo ao entorno cunha meticulosidade que parecece de photoshop.
Mais obras en artnet
martes 22 xuño 2010
En Arte | Sen comentarios | Permalink
Alex Queral
Alex Queral utiliza guías telefónicas para esculpir rostros, unha particular fórmula da arte do reciclaxe que lembra as autopsias de libros de Brian Brettmer.
Ver galería
sabado 19 xuño 2010
En Arte | Sen comentarios | Permalink
Phlegm
Phlegm significa flema, un dos catro humores corporais recoñecidos pola antigua menciña e que era considerado responsable do temperamento e as emocións, este é o pseudónimo utilizado por este artista gráfico orientado ao comic e ao street art. Surrealismo na rúa.
Blog
xoves 17 xuño 2010
En Arte | Sen comentarios | Permalink
Mark Hammermeister
Mark Hammermeister , ilustrador e caricaturista americano, teño debilidade por estes artistas que son capaces de distorsionar a realidade cara ao sentido do humor.
domingo 13 xuño 2010
En Arte | Sen comentarios | Permalink
David Mach
David Mach aproveita mateirais insospeitados para dar forma ás súas esculturas, perchas, pezas do scrable... calquera cousa lle serve para facer arte.
Ver galería
sabado 12 xuño 2010
En Arte | Sen comentarios | Permalink
Land Art
Richard Shilling, escultor vencellado ao movemento "Land Art", consistente na utilización de elementos da paisaxe e materiais naturais para a creación de esculturas. Nas obras de Shilling destacan as composicións cromáticas con obxectos cotiáns como follas ou froitos dos que consegue efectos espectaculares.
Ver galería
venres 04 xuño 2010
En Arte | Sen comentarios | Permalink
Pencil vs camera
Ben Heine é un debuxante Belga que adoita incluír un punto de insurxencia nos seus traballos, na serie Pencil vs camera xoga coa composición de debuxos para completar fotografías dun xeito simpático e creativo.
mércores 02 xuño 2010
En Arte | 2 Comentarios | Permalink
Le cirque invisible
"Le cirque invisible" é un proxecto de Jean Baptiste Thierrée e Victoria Chaplin, unha parella de actores inusuais que consiguen conxugar maxia e teatro nun espectáculo visual absolutamente fantástico.
martes 01 xuño 2010
En Arte | Sen comentarios | Permalink
Cui Fei
Cui Fei é unha xove artista chinesa que utiliza para as súas composicións materiais extraídos da natureza, os agrupamentos que consegue con semillas, raíces, espiñas, etc. posúen unha beleza extraordinaria.
sabado 29 maio 2010
En Arte | Sen comentarios | Permalink
Anamorfose
Unha anamorfose consiste nunha ilusión óptica que representa correctamente unha imaxe dende determinada perspectiva mentres que se mudamos o lugar de observación aparecería deformada. Un dos mestres da falsa tridimensionalidade é Julian Beever
martes 25 maio 2010
En Arte | Sen comentarios | Permalink
Haroshi
Haroshi constrúe esculturas con materiais reciclados, as pezas elaboradas a partir de táboas de skate están logradísimas.
Ver galería
xoves 20 maio 2010
En Arte | Sen comentarios | Permalink
Hiperrealistas
Non é que eu teña paixón polo hiperrealismo, é unha corrente artística que non me cautiva, un amigo di que son artistas pouco arriscados que se parapetan detrás da súa técnica para epatar ao persoal sin outras pretensións comunicativas, unha visión dura e discutibel que non comparto en absoluto, revisando alguns post atopei a xente como Ron Mueck, Sam Jinks ou Kris Kuksi que son exempros clarísimos dunha intencionalidade expresiva que trascende á mera técnica. Hoxe atopei a Marc Sijan, Duane Hanson e John DeAndrea. Aí quedan.
mércores 12 maio 2010
En Arte | 1 comentario | Permalink
Alex MacLean
Alex MacLean percorreu medio mundo na súa Cessna facendo fotografías cenitais dunha beleza e espectacularidade incribles. Unha perspectiva aérea da xeometría da terra.
Páxina de visita obrigatoria.
domingo 09 maio 2010
En Arte | Sen comentarios | Permalink
Mark Evans
Podería decirse de Mark Evans que é un ciruxán da arte, a golpe de bisturí e navalla vai esculpindo os seus cadros, diseccionando peles ata atopar a textura propicia que lle dea definición ás imaxes. A súas obras son dunhas dimensións incribles para a meticulosidade que require o se traballo. Bestial.
venres 30 abril 2010
En Arte | Sen comentarios | Permalink
Tibi Tibi Neuspel
Curioso soporte o de Tibi Tibi Neuspel un escultor canadiense que utiliza tostadas para facer retratos de persoaxes que deixaron a súa pegada na historia.
venres 16 abril 2010
En Arte | Sen comentarios | Permalink
Max Ginsburg
Max Ginsburg é un pintor realista neoiorquino que dende os anos 60 acadou o compromiso de vehículizar a través da súa arte a denucia social e a cotididaneidade da vida americana. Un tipo anclado nun estilo reñido coa contemporaneidade que persiste co seu caracter insurxente en reflectir os desmanes da realidade que lle tocou vivir. Encomiable.
Ver galería
xoves 25 marzo 2010
En Arte | Sen comentarios | Permalink
Alexa Meade
Alexa Meade é unha pintora de corpos e obxectos, graduada en ciencias políticas que, despois de participar na poderosísima campaña electoral de Obama, adicouse á pintura desenvolvendo unha técnica que entrecruza o espazo e o plano, "difuminando as líñas entre a arte e a vida".
Ver galería
domingo 21 marzo 2010
En Arte | Sen comentarios | Permalink
LJ
Alucinantes fotografías de LJ, un paseo pola xeografía dos rostros dos "Homeless".
Ver galería
sabado 20 marzo 2010
En Arte | 2 Comentarios | Permalink
-
Galerías
-
Calendario
-
Seccións
-
Ligazóns
-
RSS